width="307"
Inicio > ¿Qué le ofrecemos?
idioma castelán  alt+i

logo Accesibilidad Accesibilidade

W3c xhtml 1.0
W3C css
W3C  Wai-AAA



ofertas

QUE LLE OFRECEMOS?

Que lle ofrecemos?

  • Unha alternativa rendible e atractiva ao concepto tradicional de oficina.
  • Situarse no mellor espazo da cidade
  • Esquecer os gastos superfluos
  • Gozar dun ambiente empresarial de alta calidade
  • Dispoñer de completos servizos segundo as súas necesidades
  • Gañar independencia e flexibilidade

Empresa

O centro de negocios é o primeiro centro deste tipo situado na cidade
de Pontevedra que ofrece unha xestión empresarial de prestación de
servizos a persoas físicas, empresas, institucións ou organismos. A iniciativa consiste en facilitarlle a infraestrutura, o persoal e os elementos materiais, de xeito temporal ou definitivo, que lle permitan emprender a súa actividade coa
máxima eficacia e o mínimo risco, ofrécese así unha solución alternativa ao
alugamento tradicional de oficinas.

As nosas instalacións están equipadas para que vostede poida comezar a
súa actividade laboral dende o primeiro momento, sen o investimento que supón manter unha oficina propia, posto que poñemos á súa disposición os
servizos que toda empresa necesita, contamos para iso cos
mellores medios técnicos e humanos.


O centro de negocios ofrécelle:

  • Un contorno de prestixio e tecnoloxicamente especializado na súa actividade empresarial.
  • Espazos executivos amoblados e acondicionados que poderá utilizar por
    horas, días ou meses.
  • O soporte ideal para que as súas xuntanzas sexan todo un éxito.
  • Salas de reunións e de formación adaptables ás súas necesidades con zonas de espera amplas e acolledoras.
  • Ideal para entrevistas, reunións de negocios ou como despacho de uso
    habitual.
  • Un domicilio social de prestixio en Pontevedra e dentro dun contorno
    privilexiado onde situar o seu negocio cunha infraestrutura de 21
    despachos, 3 aulas de información e 3 salas de reunións, todo iso en
    máis de 1.000 m2 de instalacións.
  • Reunións de empresa, roldas de prensa, seleccións de persoal, cursos,
    seminarios, conferencias…
  • Un equipo de secretariado que realizará todos os traballos puntuais que
    as súas xuntanzas ou cursos requiran.
  • Medios audiovisuais.

 


ÚLTIMAS NOTICIAS
Pontevedra c.f.: El sueño del ascenso, otra vez al alcance 
 Entrega Premios AJE
Relevo en la directiva del Centro Comercial Urbano Monumentral 
 Exposición de trofeos Pontevedra c.f.
Conferencia Fundación Pontevedra c.f. 
 

Centro de Negocios Pontevedra.
C/ Manuel Quiroga, 13 36002 Pontevedra.
Tel. 986 869600
Fax: 986 896666
E-Mail : info@negociospontevedra.com


Contáctenos
Diseña:Emiliano Siem
© Todolos dereitos reservados 2007 Centro de negocios Pontevedra